Galicia

Galicia

Galicia

El 25 de julio es el Día Nacional de Galicia. Es un día en el que muchas banderas blancas con una pincelada azul que las cruza en diagonal salen a los balcones y a las calles gallegas. Otras tantas banderas rojigualdas salen para darles una réplica desde el balcón o la calle de enfrente. 

Por nuestra parte, lo que sacaremos a la calle serán nuestras creaciones de papel; puesto que creemos que, con el producto de nuestro trabajo, abanderamos más sinceramente la idea que tenemos de Galicia: un país donde la gente quiere trabajar, ingeniar, crear, construir y vivir del esfuerzo de su mente y sus manos. Galicia no es un desierto, es una tierra rica en recursos naturales y humanos y nosotros queremos que este aspecto quede reflejado en nuestras obras. Los pedazos de tela solo sirven para lucir un día al año, nuestro orgullo artesano es perenne. Os dejamos aquí un texto, surgido del genio de Castelo, a propósito de las banderas.
 

 

O señor Andrés, disque foi "cabo de banderas" no servicio do rei, sinte un amor desasisado por tódolos panos de coores que flamean ó vento na punta dun pau. Eu xúrovos que a idea de patria non xoga no seu amor ás bandeiras, pois eu vin moitas veces asolagados en bágoas os ollos do señor Andrés, cando arriaban a insinia de barcos estranxeiros, ingleses, alemáns, rusos... Nos días de festa o señor Andrés quédase aparvado no peirán, a estremecer de arrufío diante dos barcos engalanados. Unha bandeira de calisquera nación ou de calisquera matrícula é a suprema ledicia do señor Andrés de moitas bandeiriñas de coores enfiadas nunha corda son a mellor regalía dos seus ollos vellos.

O señor Andrés tolea polos panos fermosos e na súa casa hai colchas antergas que saen á fiestra nos días de procesión. Son as insinias da cas que relocen ó sol pra fachenda do dono. Unha vez un can esgazoulle unha colcha e o señor Andrés chorou bágoas, como peras urracas.

O señor Andrés, como xa e velliño e foi ó servicio do rei, conta mentiras que fan rir ós mozos. Son mentiras en que sempre aparecen bandeiras, panos, lenzos...

-Unha vez o rei embarcou no noso barco para facer unha viaxe e díxome o capitán, que me quería moito: "Andrés: tes que ir deseguida a terra e mercar cachos de seda, raso... do mellor que atopes nas tendas". E merquei unha fartura de retales que valían más de mil reas.

-¿E para quen eran, señor Andrés? - pergunteille eu.

E o señor Andrés mideume cos ollos e díxome con desprezo:

-¡Parece mentira que sexas home de letras! ¿E logo ti pensas que o rei limpa o "aquel" con un papel?